María Canosa 
Maruja Mallo [EPUB ebook] 
Enigmaticamente única

الدعم

Valente e libre, non desistiu nin por un intre en manter a súa arte única e orixinal durante toda a súa vida. Constantemente na vangarda do seu tempo, no artístico, no social e ata no persoal, Maruja Mallo abriu un camiño que ninguén máis se atreveu a seguir. Mergullouse na corrente cultural do Madrid dos anos vinte e converteuse en parte activa da Xeración do 27 e no movemento das Sensombreiro. Foi fonte de inspiración de escritores, poetas e filósofos, e obxectivo de críticas que nin entendían a súa obra nin a valoraban polo feito de ser muller.

€6.99
طرق الدفع

عن المؤلف

María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compartindo desde sempre coa de escritora. Hai máis dunha década que é articulista no xornal «La Voz de Galicia» e colaborou en varios programas de debate da Radio Galega e Radio Voz. Desde hai anos desenvolve o papel de «experta en letras» en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo», publicadas en 1997, e continuada por títulos como «O Papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druidas» (2014); «Rubicundo» (Xerais 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais 2016); «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2015 e 2016, «Muriel» (Xerais 2017), Premio Merlín 2017, «Unha fábrica de bicos» (Xerais 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón, «As pombas de Bastián» (Xerais 2021), «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais 2024). Con motivo do Día das Letras Galegas 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras». Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «Dis Paro» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais 2019). É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño. Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións. Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.

قم بشراء هذا الكتاب الإلكتروني واحصل على كتاب آخر مجانًا!
شكل EPUB ● صفحات 40 ● ISBN 9788410049284 ● حجم الملف 12.5 MB ● عمر 17-12 سنوات ● الناشر Editorial Bululú ● مدينة A Coruña ● بلد ES ● نشرت 2024 ● للتحميل 24 الشهور ● دقة EUR ● هوية شخصية 10088243 ● حماية النسخ DRM الاجتماعية

المزيد من الكتب الإلكترونية من نفس المؤلف (المؤلفين) / محرر

587 كتب إلكترونية في هذه الفئة