Un agasallo literario. Tes nas mans a obra de teatro que Domingo Villar deixou rematada e que entregou a Editorial Galaxia para a súa publicación. Trátase dunha peza protagonizada por un escritor que se atopa nun bloqueo creativo dende hai anos. Sobre todo é unha obra moi divertida, como era o seu autor. Así, co fino sentido do humor que Domingo destilaba, desfilan pola escena as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria, que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de quen se dedican a escribir. Trátase dunha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, mais sempre lúcida, arredor da literatura e de todo o que a rodea.
Beli ebook ini dan dapatkan 1 lagi PERCUMA!
Format EPUB ● Halaman-halaman 140 ● ISBN 9788411762458 ● Saiz fail 3.2 MB ● Penerbit Editorial Galaxia S. A. ● Diterbitkan 2024 ● Muat turun 24 bulan ● Mata wang EUR ● ID 10038232 ● Salin perlindungan Adobe DRM
Memerlukan pembaca ebook yang mampu DRM