Superchupete ten poderes moi especiais e ás veces cústanos separarnos del, pero o noso amigo debe ir axudar a outros peques que o necesitan máis…
Este libro ilustrado de cartón axudarache a enfrontar o momento de quitarlle o chupete ao bebé, ensinándolle que hai outros nenos na mesma situación para comezar a instruír na empatía.
Un conto con canción para acompañar ao teu bebé neste paso tan importante.
O autorze
Nace en Málaga, preto do seu amado mar do que, confesa, non pode afastarse por moito tempo. Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Málaga, un día perde a cabeza e deixa todo para facer o que máis lle namora: NARRAR, e faio cos ollos, coa voz e a escritura. Desde que os contos infantís chegaron á súa vida non pararon de darlle alegrías: algúns dos seus libros foron traducidos ao inglés, italiano, catalán e eúscaro, foi premiada nos LATINO BOOKS AWARDS de Estados Unidos e asegura que non pensa deixar de facernos soñar.