O soño de Panda Pérez era converterse no primeiro oso da súa especie en graduarse na Escola do Rato Pérez, e así poder recoller dentes a cambio de agasallos para os nenos e nenas. Pero para conseguir o seu obxectivo, terá que pasar por difíciles probas e aprender múltiples habilidades. Pinchacarneiros, mini pasitos, ioga, saltos mortais…
Nas coloridas páxinas deste álbum ilustrado veremos unha historia de autosuperación e de como o esforzo e a constancia axúdannos a alcanzar os nosos soños.
A xenial historia de como Panda logrou ser un Pérez!
เกี่ยวกับผู้แต่ง
Nada en Madrid en 1979. Licenciada en Humanidades pola Universidade de Alcalá de Henares. Desde hai anos desenvolve a súa actividade laboral como editora compaxinando este traballo coa tradución. O seu labor como escritora está directamente relacionada cos máis pequenos.