Nicolai Gógol 
As almas mortas [EPUB ebook] 

支持


É Nikolai Gógol o fundador da gran tradición da literatura rusa e inspirador de moitos autores que o sucederon. En palabras de Dostoiesvki: “Todos saímos de embaixo do capote de Gógol”.
A ambición do autor era retratar a Rusia toda nesta obra, nun argumento que lle foi proposto polo seu bo amigo e escritor Pushkin. A historia dun pequeno terratenente que se dedica a mercar labregos mortos para rexistralos como vivos e conseguir as terras que o Estado concedía por certo número de servos, e así enriquecerse ilicitamente. Isto dálle pé a Gógol para ofrecer unha visión realista da condición humana dun xeito descarnado, próximo á caricatura. Un clásico aínda vixente que mostra, sen ambaxes, as miserias dunha sociedade.
Vladimir Nabokov dicía del que foi “o máis estraño poeta en prosa que xamais produciu Rusia”. Agora, o lector ou lectora terá oportunidade de comprobar tal afirmación achegándose, na nosa lingua, á súa obra máis senlleira.

€12.50
支付方式
购买此电子书可免费获赠一本!
格式 EPUB ● 网页 497 ● ISBN 9788411762663 ● 文件大小 2.4 MB ● 出版者 Editorial Galaxia S. A. ● 发布时间 2024 ● 下载 24 个月 ● 货币 EUR ● ID 9980317 ● 复制保护 Adobe DRM
需要具备DRM功能的电子书阅读器

来自同一作者的更多电子书 / 编辑

35,505 此类电子书